O luns chegan a Alvedro tres corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia
O luns chegan a Alvedro tres corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia
Son o noiés Antonio Barreiro, o vigués César Acevedo e o baionés Santiago Leyenda
Este luns pola tarde chegarán ao aeroporto coruñés de Alvedro os tres corpos dos mariñeiros galegos que naufragaron a 170 millas das Malvinas hai case un mes. Concretamente o 22 de xullo. Son o baionés Santiago Leyenda, o vigués César Acevedo e o noiés Antonio Barreiro.
Baiona foi unha das vilas máis tocadas polo naufraxio, e mesmo chegaron a facer unha concentración de apoio ás familias.
A familia de Santiago Leyenda ten previsto recibir o corpo en Alvedro o luns e velalo esa xornada na máis estrita intimidade. Será o martes cando abrirán a velación aos achegados, e celebrarán o funeral a partir das seis na excolexiata de Santa María de Baiona e o posterior enterro.
Os Leyenda Amoedo son abondo queridos e coñecidos en Baiona, Acevedo tamén tiña vínculos coa vila.
Longo de case un mes de agonía e incerteza, chegan días difíciles tamén segundo o tío de Santiago Leyenda.
En Valadares, Vigo será soterrado César Acevedo e Antonio Barreiro en Noia.
No Argos Georgia traballaban 27 homes, catorce sobreviviron e hai catro desaparecidos.