Un petroleiro sen carga tenta reparar unha avaría a 28 millas da costa galega
Un petroleiro sen carga tenta reparar unha avaría a 28 millas da costa galega
O barco de 254 metros de eslora e 44 de manga saíra de Xibraltar o 7 de marzo con 26 persoas a bordo
Un petroleiro de grandes dimensións, que agora navega en lastre e, polo tanto, sen carga, atópase a unhas 28 millas da costa galega por mor dunha avaría nunha hélice, segundo fontes de Salvamento Marítimo.
De acordo coa información adiantada polo xornal Faro de Vigo, trátase do barco Minerva Nounou, de 254 metros de eslora e 44 de manga. Saíra de Xibraltar o 7 de marzo rumbo aos Países Baixos con 26 persoas a bordo.
O día 9 deu aviso a Salvamento Marítimo dunha avaría, concretamente, na hélice. A propia tripulación tratou de levar a cabo reparacións e probas, sen que polo momento concluísen con éxito.
Malia que non se teme pola integridade do barco e non ten carga a bordo, Salvamento Marítimo informou da situación a Consellería do Mar.