Un policía nacional galego salva dúas mulleres da riada desde a súa casa, en Valencia
Un policía nacional galego salva dúas mulleres da riada desde a súa casa, en Valencia
Un policía nacional galego en Valencia salva a vida de dúas mulleres coa axuda duns veciños
As consecuencias da DINA están deixando milleiros de historias, non todas acaban ben, desgraciadamente non é así. Entre a traxedia descomunal, hai centos de veciños que salvaron vidas, e hai tamén centos de persoas que precisaron axuda e que viviron situacións de risco extremo. Daniel é un Policía Nacional galego que vive en Valencia. Estaba fora de servizo pero, xunto a outros veciños, logrou salvar a vida de dúas mulleres.
El estaba na casa e, xunto ao seu fillo e outros veciños, logrou salvar dúas mulleres. A auga baixaba moi rápido, o rescate foi complicado e, tamén perigoso. Pero, este axente que estaba fóra de servizo, di que ten claro o que faría se, de novo, volvera estar nesa situación de emerxencia. Recoñece que volvería facelo sen dúbida.
Conchi é unha das tantas veciñas de Valencia que se viron arrastradas pola riada. Un veciño lanzoulle unha chaqueta e logrou sacala da auga. Salvou a vida.