Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un poste de telefonía bloquea a vía de acceso ao centro de saúde de Begonte

Un poste de telefonía bloquea a vía de acceso ao centro de saúde de Begonte

Os veciños urxen a súa retirada polo perigo que supón para condutores e peóns

O Concello comunicoulle varias veces á empresa de telefonía pero de momento non lles deu unha solución

G24.gal 20/06/2024 13:53

Amodo e sen quitar a vista da estrada. Así tratan os condutores de salvar o poste de telefonía que desde hai unha semana bloquea esta vía de Begonte.

"Leva así máis dunha semana, pero aquí solución ningunha", di un veciño.

Hai quen chega é prefire dar a volta.

"Mellor dou volta", di unha condutora.

Pero os que viven nos arredores teñen que usar esa vía.

"Hai un sinal aí arriba, pero os que vivimos aquí non nos queda outra", explica un veciño, outro asegura que pasa pola zona dubidoso, pero "teño que pasar".

O Concello comunicoullo á empresa de telefonía móbil en varias ocasións, advertindo do perigo do poste e dos cables sobre a estrada, pero seguen sen retiralo.

"Pois hai que amañalo", pide un veciño, outro explica que "o poste xa levaba un tempo atado a outro".

Esa é unha das vías máis transitadas do concello.

"Por aquí pasan bastantes coches para o centro médico", asegura un veciño, outra veciña engade que tamén da acceso "as pistas de pádel"; unha usuaria do centro de saúde que espera por un taxi di que "teño que ir por aí" e un veciño que estaba de paseo comenta que por esa vía tamén  "se sae a autovía".

A pesar da caída do poste e de que os cables están rotos, non se denunciaron incidencias no servizo, a liña telefónica e Internet funciona con normalidade, ao Concello non chegou ningún aviso de avaría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade