Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ventos de máis de 140 Km/h e case 80 l/m2 nas últimas horas en Galicia

Ventos de máis de 140 Km/h e case 80 l/m2 nas últimas horas en Galicia

O potente temporal que nos afecta pon en aviso laranxa a toda a costa galega e amarelo en terra por chuvias

As ondas chegarán ata os sete metros

G24.gal 07/01/2023 09:48 Última actualización 07/01/2023 15:15

A tregua meteorolóxica dos últimos días chegou á súa fin. Nas últimas horas retirouse o anticiclón cara ao sur, o que permite que unha potente borrasca se sitúe ao oeste de Irlanda.

É un sistema de baixas presións profundo. Isto permite a chegada dun ciclón extratropical que afecta Galicia nos próximos días con chuvias intensas, fortes ventos e grandes ondas.

Varias frontes deixarán chuvia intensa na fin de semana. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou un aviso amarelo por acumulación de auga de ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas, e con posibilidade de que caian 15 en só unha hora ata o mediodía do sábado.

Xa destaraon nas primeiras horas do sábado refachos de vento de 145,3 quilómetros por hora rexistradas ás 6,00 da mañá na estación meteorolóxica de Penedo do Galo, en Viveiro.

Tamén houbo fortes ventos en Punta Candieira, en Cedeira, con 133,1 km/h ás 3,50; e nos medidores da Pontenova, con 130,2 km/h ás 4,50 da madrugada. Rexistráronse refachos de 124,4 km/h ás 7,40 en Lardeira, Carballeda de Valdeorras; de 124,2 km/h ás 7,00 da mañá en Burela; e de 123,1 km/h á 1,10 en O Xistral, en Muras.

Hai aviso laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

O domingo vai continuar a acción da borrasca sobre Galicia.

A próxima semana o anticiclón recuperará algo máis de protagonismo, pero non logrará bloquear  o paso das baixas presións que chegan do Atlántico.

As previsións indican que a medio prazo refórzase de xeito lixeiro o anticiclón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade