Un proxecto editorial repasará os 150 anos de historia do Casino de Santiago
Un proxecto editorial repasará os 150 anos de historia do Casino de Santiago
Unha investigación de Fernando Franjo e Ana Paula Castro desembocará no libro Historia do Casino de Santiago
O principal obxectivo é achegarnos a súa cara máis descoñecida a través dun laborioso traballo documental
O Casino de Santiago presume de ser un dos locais máis emblemáticos de Santiago. Cumpre 150 anos, unha ocasión inmellorable para facer un estudio documental e gráfico da súa historia.
Noutra época, o acceso a este espazo privado estaba reservado case en exclusiva aos homes pero os tempos cambiaron e agora é un café público, onde veciños e turistas, e por fin mulleres, gozan libremente dun bo parladoiro.
Unha investigación de Fernando Franjo e Ana Paula Castro desembocará no proxecto editorial Historia do Casino de Santiago, que nos achegará a súa cara máis descoñecida.
A súa importancia tamén radica na súa sofisticada arquitectura, que segue chamando a atención en pleno século XXI, en que é doado imaxinar a súa maxestade noutra época.
Epicentro do ocio para a alta sociedade durante todo o século XX, recibía de cando en vez algunha visita relevante, como vemos na imaxe a Valle-Inclán, e sobre todo unha chea de artistas da época, porque era tamén un espazo expositivo.
Facturas e papeis desvelan unha chea de anécdotas e segredos e serán visibles grazas a este proxecto documental que verá a luz o ano que vén e que nos introducirá nunha marabillosa viaxe no tempo da sociedade compostelá.