Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un recoñecemento a unha 'Vida entre Vides' da D. O. Ribeiro para a colleiteira Xulia Bande

Un recoñecemento a unha 'Vida entre Vides' da D. O. Ribeiro para a colleiteira Xulia Bande

É a primeira muller en recibir o galardón da D. O. Ribeiro polo seu labor na viticultura e a súa achega á profesionalización do sector

Do seu avó herdou o amor polas vides e pola elaboración do viño

Ten unha empresa de servizos vitícolas e desde o 2015 unha adega en que fai o seu propio viño, premiado con dous Acios de Ouro e un de Bronce

Xulia Bande é neta de arrieiro e leva 34 anos na viticultura.
G24.gal 25/11/2021 21:00

A  colleiteira do Ribeiro Xulia Bande é este ano a primeira muller en recoller o Premio Vida entre Vides, da Denominación de Orixe. Hoxe coñecemos como é o seu traballo na súa adega en Leiro.

Xulia Bande, colleiteira e adegueira, medrou entre vides e comezou a traballar de moi nova co seu avó Manuel. Neta de arrieiro e muller emprendedora, creou con 19 anos unha empresa de servizos vitícolas que axudou a profesionalizar o sector.

Da man do seu avó herdou o amor polas vides e despois de 15 anos traballando nas viñas apostou por poñer en marcha o seu proxecto persoal, unha adega en que elabora o seu viño Son de Arrieiro. Na honra do seu avó, na súa etiqueta vai un arrieiro. "Tiña que ver se eu era quen de facer un viño que se podía beber", di Xulia Bande. 

E desde 2015, o seu viño Son de Arrieiro xa obtivo dous Acios de Ouro e un de Bronce aos mellores viños en Galicia de colleitas anteriores. E aínda que non o agardaba, ela é a primeira muller que recibe o Premio Vida entre Vides da D. O. Ribeiro.

Xulia asegura que non agardaba este premio, e recibilo na súa terra énchea de orgullo e moita satisfacción, porque di que os premios se reciben se estás facendo as cousas ben. "Neste caso é un premio que me chega máis fondo, porque é a toda a miña vida, 34 anos que levo traballando nisto". 

Viticultora de éxito na súa adega, aposta pola calidade e a innovación

É un recoñecemento ao seu traballo e o seu labor na viticultura; aposta pola profesionalización, a calidade e a innovación.  Xulia Bande di que é unha muller cunha mente moi inquieta e que sempre está pensando en innovar cos seus viños. "A miña ilusión agora é dedicarme ao viño, que me enganchou moito e gozo del moitísimo", di sorrindo.

Unha das argalladas de Xulia foi facer un dos primeiros viños rosados do Ribeiro, e xa ten novos proxectos para seguir recollendo bo viño e tamén premios.

Os seus viños 'Son de Arrieiro' xa recibiron premios aos mellores viños de Galicia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade