Publicador de contidos
Publicador de contidos

Plantan tres hectáreas de viñedo en plena Mariña luguesa

Plantan tres hectáreas de viñedo en plena Mariña luguesa

Queren aproveitar o auxe dos brancos galegos, que subiron as vendas un 24% en tres anos

Traballan coas castes godello e albariño e coa vista posta no mercado hostaleiro

Andrés Pavón/José Lamas 10/09/2024 20:15 Última actualización 10/09/2024 20:28

En cuestión dun ano e medio, estes viñedos darán as súas primeiras uvas. Non tería nada de raro de non ser porque se atopan en plena Mariña luguesa, unha comarca onde o viño foi sempre escaso e desapareceu hai un século.

Pero un emprendedor analizou as terras e comprobou que son idòneas para o cultivo de castes de uva branca. Como profesional hostaleiro en Mallorca asegura que os brancos galegos van ter cada vez máis mercado.

"En Mallorca o 80% dos establecementos de hostalería teñen albariño nas súas cartas. E en palma é case imposible atopar un local que non o teña.", asegura Antonio Seijas, promotor do viñedo.

Polo de agora cultivan tres hectáreas, pero teñen pensado ampliar o terreo. Un dos principais atrancos que atopan é a falta de man de obra xa que na zona non hai quen saiba traballar os viñedos. Aínda así, confían en que o interese pola viticultura se recupere nesta parte da Mariña e sirva de motor económico.

"Pódese pensar que o eucalipto é máis rendible que o viñedo, pero aquí temos unha alternativa innovadora que pode funcionar ben", sinala Seijas

Os brancos galegos están entre os máis caros de España, cun prezo medio de 6,63 euros a botella.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade