Adegas do Baixo Miño precisan operarios para a vendima
Adegas do Baixo Miño precisan operarios para a vendima
Adegas como Lagar de Fornelos contratarán preto de 130 persoas vía ETT
Entre o 5 e o 9 de setembro comezará a vendima nesta adega Lagar de Fornelos con vides no Rosal e Cambados. En total 75 hectáreas que precisarán entre 120 e 130 operarios. Desde hai anos contrátanos vía ETT.
Nesta adega xa saben que no todos estarán dispoñibles desde o primeiro día, iranse incorporando segundo avance a vendima. Cobrarán 9 euros brutos á hora, en xornadas de oito horas con media de descanso. Serán preto de quince xornadas.
A eventualidade do traballo, o inicio temperán do curso universitario que afasta os estudantes deste labor e a prohibición de que traballen familiares sen asegurar dificulta atopar os cadros de persoal precisos para estes días.
Polo de agora os traballos nas vides céntranse na prevención da botrite e agardar que o tempo solleiro se manteña para lograr unha boa vendima. A uva ten boa calidade, pero as choivas da floración xa reduciron a uva nun 15 %.