Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 78 anos aparece morto dentro dunha cuba de viño en Portas

Un home de 78 anos aparece morto dentro dunha cuba de viño en Portas

Era veciño de Pontevedra e tiña viñas no lugar

O corpo non presentaba sinais de violencia 

G24.gal 21/09/2024 12:42 Última actualización 21/09/2024 14:20

Sucedeu arredor das 20:00 horas deste venres nunha casa do lugar de Rial, no concello de Portas. O falecido, de 78 anos e veciño de Pontevedra, estivera pola maña vendimando nunhas viñas da súa propiedade, a uns cen metros da vivenda, que só empregaba como adega.

Horas despois aparecía morto nunha cuba de fermentación do viño. Segundo confirmou a Garda Civil, o corpo non tiña sinais de violencia, polo que a morte puido deberse aos gases provocados pola fermentación do viño ou porque se sentise indisposto antes de caer na cuba.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ribadumia e membros de Protección Civil de Cuntis e do concello de Portas. Agora practicaráselle a autopsia para coñecer as causas exactas da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade