Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un remeiro de Cabo, sancionado as catro próximas regatas da ACT logo dun positivo

Un remeiro de Cabo, sancionado as catro próximas regatas da ACT logo dun positivo

O Xuíz de Disciplina da ACT castiga a Roberto Torres, que deu positivo por benzoilecgonina na disputa da Ikurriña de Zarautz

G24.gal 22/10/2023 16:09

O Xuíz de Disciplina da Liga ACT declarou firme a resolución pola que sanciona o remeiro de Cabo da Cruz Roberto Torres López para as primeiras catro regatas da vindeira temporada.   

Segundo ditaminou, o remeiro cometeu unha "infracción grave" prevista no artigo 14.0 do Regulamento Disciplinario da competición. A sanción é consecuencia dun resultado adverso nun control antidopaxe realizado na Ikurriña de Zarautz no pasado mes de agosto. 

Torres López deu positivo por benzoilecgonina (metabolito da cocaína). O remeiro terá que someterse a un control antidopaxe, que correrá pola súa conta, de forma previa á incorporación á primeira regata que poida realizar unha vez cumprida a sanción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar