Un Ribeira Sacra gañou o concurso da Toscana competindo con 400 viños italianos
Un Ribeira Sacra gañou o concurso da Toscana competindo con 400 viños italianos
Tan só se elaboraron 1.269 botellas do viño gañador, que é da zona de Salvadur
É un tinto de barrica que xa gañara outros premios
Antonio aínda non acaba de asimilar que o seu viño de barrica fose o gañador do certame Borgo di Vino, en Italia. Competía con 400 viños de 109 adegas italianas. De feito, nin sequera sabía que ía participar, xa que foron uns amigos de Florencia os que inscribiron o Acivro Barrica no concurso. A votación popular foi clara e quen probaron o viño non dubidaron en proclamalo gañador.
Nas ladeiras de Trasmonte, na Pobra do Brollón, están as videiras centenarias das que saen as uvas para facer o viño. De feito son as cepas máis antigas da Ribeira Sacra. O traballo é moi dificultoso e a produción reducida. Tanto é así que do viño gañador tan só se elaboraron 1.260 botellas. Agora o premio fixo que a demanda se disparase, pero os adegueiros non pensan cambiar os métodos de traballo.
A adega traballa só unha hectárea e media de terreo, o cal dá proba de que os pequenos produtores tamén poden competir a base de calidade.