Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un taller de vendima permite coñecer a viticultura heroica da Ribeira Sacra

Un taller de vendima permite coñecer a viticultura heroica da Ribeira Sacra

A experiencia inclúe recoller as uvas, carretalas a través dos socalcos e mesmo pisalas

G24.gal 24/09/2023 17:41 Última actualización 24/09/2023 19:02

Logo dun viño de benvida os participantes no taller de vendima de Sober mergúllanse directamente na viticultura heroica. É o primeiro paso para coñecer o proceso do viño.

A contorna causa admiración, o mesmo ca o duro traballo que implica a recollida do froito na Ribeira Sacra. 

Queda por coñecer como se fai a selección da uva e como se quitan do cangallo e mesmo hai oportunidade de pisalas, un proceso que agora se substitúe por prensas.

Só resta por visitar a adega e catar o viño, agora moito máis apreciado cando se coñece o traballo que hai detrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade