Cargando resultados...
Luzada, un "glamping" de burbullas en Xove con vistas ás estrelas e ao mar
Luzada, un "glamping" de burbullas en Xove con vistas ás estrelas e ao mar
Novos tipos de aloxamentos amplían a oferta de hospedaxe en Galicia
G24.gal
24/06/2023 18:56
Última actualización 24/06/2023 19:14
Estamos en Xove, nun glamping de burbullas que abriu hai oito meses.
Manuel e Gimena vivían e traballaban en Madrid, pero a pandemia fixo que lle deran unha volta á súa vida e regresaron a Galicia para emprender un negocio que consiste en ofrecer unha experiencia.
En total teñen tres aloxamentos burbulla, pero a resposta do público está sendo tan boa, que xa pensan en ampliar o negocio. Parece sinxelo pero non o é tanto, xa que o mantemento deste tipo de aloxamentos é moi delicado.
En Galicia hai outras dúas ofertas hostaleiras con burbullas. O prezo dunha noite en temporada baixa anda polos 250 euros.