Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha disputa veciñal por pombas, orixe do tiroteo con catro mortos en Setúbal

Unha disputa veciñal por pombas, orixe do tiroteo con catro mortos en Setúbal

Un home matou tres veciños cunha escopeta na cidade portuguesa e logo suicidouse

As vítimas son homes de entre 30 e 60 anos

A Policía portuguesa no lugar do crime en Setúbal A Policía portuguesa no lugar do crime en Setúbal
G24.gal 30/04/2023 11:48 Última actualización 30/04/2023 21:29

Catro persoas morreron este domingo nun tiroteo na localidade lusa de Setúbal, a uns 50 quilómetros de Lisboa, entre elas o agresor, que se suicidou ao chegar a Policía,

Fontes policiais confirmáronlle a EFE que se rexistrou un tiroteo en Setúbal pero non avanzaron máis detalles. A arma do crime, unha escopeta, foi localizada a carón dos corpos e aprehendida pola Policía.

A canle CNN Portugal divulgou que a Policía de Seguridade Pública lusa, a PSP, recibiu un aviso este domingo ás 9 da mañá, hora galega, sobre un tiroteo no barrio Azul, xunto á avenida De Manuel na zona de Bela Vista, na cidade portuguesa de Setúbal. Cando os axentes chegaron ao lugar, xa morreran tres persoas, e unha cuarta, que sería o agresor, suicidouse cando os viu aparecer. As vítimas, de sexo masculino, teñen entre os 30 e os 60 anos.

A Policía investiga tres homicidios e un suicidio. Todo indica que o desacordo entre os veciños foi a causa. Os catro homes serían integrantes dunha sociedade colombófila, con pombas correo e as discrepancias por causa delas fixo que o agresor matara os outros tres.

O home que disparou tiña uns 60 anos e, ao parecer, na actualidade estaba no paro tras perder o seu emprego como vixilante de seguridade nunha escola. Vivía nunha chabola por detrás da zona do tiroteo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade