Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tractor "secuestrado" ou unha leira invadida?

Un tractor "secuestrado" ou unha leira invadida?

Discrepancia veciñal polos dereitos de paso nun lugar de Coristanco 

O Concello acordou actuar de oficio se non se reabre o camiño por unha leira e se retira un tractor "secuestrado" alí desde hai case un ano 

G24.gal 24/03/2023 14:26

Nun lugar de Coristanco manteñen unha longa disputa polos dereitos de paso por unha leira. O máis curioso do caso é que no medio hai un tractor atrancado desde hai case un ano. En vista de que as dúas partes manteñen as súas posturas, o Concello de Coristanco tomou medidas para poder actuar de oficio e recuperar o camiño público de San Xusto. 

Aurora di que o tractor da súa familia leva desde maio do ano pasado "secuestrado" nun camiño público, porque outro veciño atrancou o acceso. Manuel, o dono da leira na que está o tractor, considera que non hai tal camiño público e que so ten sido lugar de paso nalgún tempo porque a súa familia permitía que pasaran os carros cando llo pedían para acurtar camiño. Di que agora cos tractores é diferente e que o único que pretendeu ao poñer os cepos é que non lles invadan impunemente a leira cando está sementada. 

Malia aos cepos Manuel considera que os seus veciños podían sacar o tractor de alí se quixesen, cousa que Aurora non admite, porque di que terían que invadir outras propiedades ao non poder saír polo camiño.

O Concello de Coristanco desestimou as alegacións e argumentacións presentadas polas dúas partes. Segundo os informes municipais, o camiño en cuestión é publico polo que se uns non abren a vía e outros non retiran o tractor o Concello farao de oficio e pasaralles as custas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade