Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous mozos de 19 e 21 anos no accidente entre un coche e un tren en Lugo

Morren dous mozos de 19 e 21 anos no accidente entre un coche e un tren en Lugo

As dúas vítimas mortais son o piloto e o copiloto do coche

O único ferido continúa ingresado na UCI

G24.gal / Félix Aragunde 12/07/2023 10:14 Última actualización 12/07/2023 21:53

Dous mozos faleceron e un máis quedou ferido grave ao ser atropelado o coche en que viaxaban por un tren nun paso a nivel en Recimil, Lugo.

O sinistro produciuse ás 9:16 da mañá, na vía de tren que vai de Palencia á Coruña, no punto quilométrico 423, que carece de barreiras. O turismo, no que viaxaban tres persoas, foi arrastrado polo convoi máis de douscentos metros.

Os falecidos son un mozo de 21 anos, veciño de León, e outro de 19, tamén leonés.

ferido de gravidade, é un varón de 22 anos rescatado polos Bombeiros de Lugo e atendido por persoal de urxencias sanitarias do 061 e trasladado ao hospital Lucus Augusti

Os tres ocupantes do coche, os dous falecidos e o ferido,  traballaban precisamente na infraestrutura ferroviaria, na obra dun centro asociado á subestación do Adif en Oural, no marco da electrificación da liña Ourense-Monforte-Lugo.

No momento do accidente, sentiron a colisión tanto os veciños do lugar como os pasaxeiros do tren, que saíron ilesos e foron trasladados en bus e en taxi. No momento do sinistro viaxaban nel 18 persoas, que facían a ruta que vai da Coruña a Monforte. Como consecuencia do accidente, a circulación de trens quedou interrompida e non se recuperou ata as 14:27, informa o Adif.

O paso a nivel no que se produciu o accidente estaba sinalizado, pero sen barreiras, como explicou este mércores o delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco, quen trasladou a súa solidariedade á familia do falecido e o seu "apoio e esperanza ás persoas que están no hospital".

Os veciños de Recimil levan décadas reclamando a mellora da seguridade no cruzamento onde se produciu o sinistro. Segundo sinalan ten cun amplo historial de accidentes.

O tramo da vía do tren onde se produciu o accidente encóntrase en obras. Nel está prevista a supresión do paso a nivel e a creación dun paso soterrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade