Publicador de contidos
Publicador de contidos

O triplo crime machista de Valga, que conmocionou o país, xúlgase desde este luns

O triplo crime machista de Valga, que conmocionou o país, xúlgase desde este luns

O asasino confeso matou a exmuller, a exsogra e a excuñada en presenza dos fillos de 7 e 4 anos

A Fiscalía e as acusacións pedirán para el a condena de prisión permanente revisable

G24.gal 05/03/2023 22:30 Última actualización 05/03/2023 22:33

O triplo crime de Valga situou este concello na crónica negra da violencia machista. Unha traxedia difícil de asumir para un pobo que exteriorizaba con berros a súa rabia contra o asasino confeso. 

Abet Lafuente preparou o crime durante meses. Mesmo chegou a pagarlle a un xamán 11.000 euros para que lle botase un maleficio á que fora a súa familia política. O triplo crime ocorreu pouco antes das 8 da mañá do 16 de setembro de 2019, en Carracido.

Acudiu ao domicilio onde residira coa exmuller, porque sabía que a esa hora saía cos nenos para o colexio. Para evitar que fuxise, bloqueou co seu coche a porta do garaxe. A muller viuse obrigada a deter o vehículo e nese momento aproveitou para dispararlle 3 tiros, mentres os fillos de 7 e 4 anos presenciaban os feitos dende a parte traseira do coche.

A continuación perseguiu ata a casa a exsogra e a excuñada, que acudían para axudar a Sandra, tras recibir a súa chamada de socorro. Disparoulles en 7 ocasións. Uns asasinatos que tamén presenciaron os pequenos. Despois de matalas mandoulle unha mensaxe de voz ao bruxo que contratara e díxolle: "Acabouse, amigo, xa matei as tres". 

Posteriormente regresou á casa de seus pais, en Ames, dende onde chamou a Garda Civil para confesar os crimes. Ademais do grande impacto no lugar de Carracido, o triplo crime de Valga provocou unha vaga de manifestacións populares e institucionais sen precedentes contra a violencia machista, que chegou mesmo ao Congreso dos Deputados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade