Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un triunfo separa a selección galega da final da Copa das Rexións da UEFA

Un triunfo separa a selección galega da final da Copa das Rexións da UEFA

Precisa gañarlle este mércores a Baviera (Alemaña) no último partido da fase de grupos (G2 e G24 ás 19:00)

G24.gal 13/06/2023 21:14

A selección galega de afeccionados ten a posibilidade de xogar a gran final da Copa das Rexións organizada pola UEFA. Para facelo ten as contas claras. Precisa gañarlle á rexión de Baviera (Alemaña) na última xornada da fase de grupos. 

Os dous equipos gañaron os dous primeiros partidos ante a República de Irlanda e o representante de Bosnia Herzegovina, pero os alemáns acadárono cunha mellor diferenza de goles (+7 por +3 dos galegos). A Baviera, cun dos equipos máis novos da competición, sérvelle o empate. 

A selección galega confía no ambiente da Lomba para ter ese pulo extra necesario. Gañoulle a Irlanda por 2-0 e a Zenica (Bosnia) por 2-1. Saben os de Iván Cancela que a tarefa non é doada, pero o premio é facer historia no fútbol afeccionado galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade