Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Coristanco amosa a historia da gasosa galega a través de 1.200 botellas da popular bebida

Un veciño de Coristanco amosa a historia da gasosa galega a través de 1.200 botellas da popular bebida

As máis antigas son do século XIX

G24.gal 10/05/2023 21:09 Última actualización 10/05/2023 22:02

A Juan Carlos Villar Angeriz, veciño de Coristanco, a paixón pola gasosa vénlle de ben cedo, cando comezou a gardar botellas na casa. Hoxe en día ten unha colección dunhas 1.200. As máis antigas, do século XIX. As máis vistosas, de principios do XX. "A gasosa aínda non era popular, era para clases de maior poder adquisitivo. Atopábase en grandes cafeterías e nos grandes públicos de poboación xa había unha burguesía incipiente que demandaba un pequeno ocio".  

O seu consumo fíxose popular en Galicia nos anos 50 e 60. En cada comarca ou concello xurdiron pequenas fábricas familiares. Un emprendemento que dinamizou o rural.

"Aquí cerquiña de Coristanco, en Malpica o señor Vilar ata ía repartir unha pequena caixa, unha  a unha. Tiña unha pequena moto e habilitou unha pequena plataforma".

Historias que Juan Carlos busca poñer en valor desde a Asociación de Gaseosas de Galicia que preside.

"Ao ter a exposición si que podemos invitar a colexios. Agora no 40 aniversario da Festa da Pataca tamén tivemos a oportunidade de facer unha xornada de portas abertas que foi moi satisfactoria e houbo bastante interese por parte da xente. A gasosa esperta moita nostalxia".  

A exposición complétase con documentos, publicacións e carteis publicitarios da época. Todo un traballo de recompilación que, no caso da provincia da Coruña, acaba de ver a luz nun libro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade