Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Ferrol recibe unha malleira na casa tras recriminar a uns mozos o ruído que facían na rúa

Un veciño de Ferrol recibe unha malleira na casa tras recriminar a uns mozos o ruído que facían na rúa

O home, duns 60 anos, está hospitalizado tras recibir golpes na entrada do seu piso

Rúa da magdalena en Ferrol onde sucederon os feitos
G24.gal 01/09/2024 13:59

Este domingo contra as cinco da madrugada un veciño da rúa Magdalena de Ferrol. que conta con distintos locais de lecer nocturno, ao non poder durmir, saíu á fiestra para reclamar a un grupo de mozos que deixasen de facer ruído na rúa.

Os rapaces fixeron caso omiso e ademais forzaron o portal para entrar no inmoble, conforme fontes policiais, e subiron ata a vivenda. O home abriu a porta coa intención de facerlles fronte pero recibiu unha malleira.

Os altercados entre residentes e pandas que queren prolongar a noite de troula nesta rúa suceden con certa frecuencia nos últimos tempos.

Unha ambulancia trasladou o home ata o Hospital Arquitecto Marcide, onde permanece en observación polas feridas que presenta.

A Policía Nacional acudiu con rapidez á zona, pero os protagonistas da liorta xa se deran á fuga, aínda que contan cos pistas fiables para poder dar con eles.

A Policía Local tamén participa no operativo para dar cos agresores. As forzas policiais revisan as cámaras de seguridade da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade