Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Gondomar amestra as súas galiñas nun poleiro con música e calefacción

Un veciño de Gondomar amestra as súas galiñas nun poleiro con música e calefacción

Roberto construíu el mesmo o galiñeiro, a proba de raposos, e onde de nove a sete lles fai soar cancións de verbena

G24.gal 05/04/2023 13:56

Son a prioridade de Roberto. A súa vida está condicionada polos coidados que precisan Blanquiña e Rosiña, dúas das súas galiñas. Percorre ata dezasete quilómetros para conseguir as herbas que máis lles gustan.

No seu poleiro non hai penso. Só produtos naturais, de temporada e da zona. Fíxoo coas súas mans. A proba de raposas, con calefacción e ventilador. E tamén música, de nove a sete, preferiblemente de verbena.  

Chicha é unha das súas galiñas. Gústalle estar no ombreiro de Roberto, que é quen de adestralas. Ten unha relación tan especial con elas que non pode pensar en matalas.

No seu poleiro conviven tres xeracións de galiñas que, grazas ao cariño e á dedicación de Roberto, fano como auténticas raíñas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade