Cargando resultados...
Un veciño de Petín conta coa maior colección de cervexas de Galicia
Un veciño de Petín conta coa maior colección de cervexas de Galicia
Ao longo de medio século conseguiu facerse con máis de 12.500 cervexas de 96 países distintos
Francisco Javier López, no museo que abriu en Petín para expor a súa colección
G24.gal
25/07/2024 21:02
Última actualización 25/07/2024 21:21
Ligado ao mundo da hostalería dende moi novo, Francisco Javier López comezou a coleccionar cervexas hai xa medio século, cando se dedicaba a distribución.
Grazas ás achegas de veciños, familiares ou coñecidos e tamén ao troco con outros coleccionistas de distintos puntos do mundo conseguiu reunir máis de 12.500 exemplares de preto dun cento de países.
Cervexas de diferente procedencia, con sabores sorprendentes, edicións únicas, cada unha coa propia historia que este veciño de Petín conta a quen se anime a visitar o museo que creou para expor a colección.
É a máis grande de Galicia e a terceira, di, máis importante de España.