Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un vehículo envorcado nunha nova carreira ilegal no polígono de Vío na Coruña

Un vehículo envorcado nunha nova carreira ilegal no polígono de Vío na Coruña

Os veciños do Novo Mesoiro lamentan que estes incidentes se repitan cada venres

A Policía Local impuxo cen multas ante a concentración de decenas de turismos

Estado do vehículo envorcado, nunha imaxe dun video publicado en redes sociais
G24.gal 12/11/2022 19:13

Un vídeo do accidente, no que non houbo feridos, fíxose viral nas redes sociais. Os veciños de Pocomaco e O Novo Mesoiro amosan a súa fartura ante as carreiras ilegais que se organizan na práctica todos os venres no polígono de Vío.

Convértese o lugar nun circuíto ilegal e improvisado de carreiras con derrapaxes, motores a todo gas e coas tubaxes de escape libres.

Un dos turismos envorcou nunha das rotondas na noite do venres ao sábado, tras quedar a dúas rodas a gran velocidade. O parabrisas e os retrovisores quedaron esnaquizados polo impacto.

Os veciños de Vío e O Novo Mesoiro quéixanse do ruído dos coches que permanecen ata altas horas da noite no lugar. Aseguran que a situación se repite desde hai oito anos. Para moitos deles, aseguran, é insostible e reclámanlle ao Concello que actúe e que axude para que as carreiras non se poidan celebrar.

Este venres a Policía Local multou cen persoas polas carreiras ilegais en Vío onde se concentraron decenas de turismos. O Concello informa de que colocou un cartel na entrada do polígono para avisar da prohibición de circular cos coches desde o venres pola tarde ata o luns pola mañá.

O 092 tras recibir o aviso da concentración chegou a Vío, pechou o acceso e multou os que alí estaban.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade