Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un vendedor da ONCE de Viveiro reparte 6 millóns de euros do Cuponazo

Un vendedor da ONCE de Viveiro reparte 6 millóns de euros do Cuponazo

Hai pouco máis dun mes tamén deu premios de importancia na zona

Outros seis cupóns foron premiados con 40.000 euros cada un

G24.gal 09/03/2024 15:14 Última actualización 09/03/2024 15:40

José Manuel Domínguez, vendedor da ONCE de Viveiro, non deixa de levar sorte á Mariña. Hai un mes deixou 500.000 euros e agora, seis millóns do Cuponazo.

A persoa afortunada co premio importante gastou tres euros. José Manuel non coñece a súa identidade pero conta que pode estar entre a clientela habitual. 

Outros seis números tamén levaron premio: 40.000 euros cada un. Neste caso, vendeunos no concello veciño do Vicedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade