Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un voluntario da Cruz Vermella adestra o seu can para ser socorrista na praia de Chiclana

Un voluntario da Cruz Vermella adestra o seu can para ser socorrista na praia de Chiclana

Nun primeiro momento vai acompañar persoas con mobilidade reducida

Ata o verán que vén non participará en rescates

G24.gal 19/08/2023 19:55 Última actualización 19/08/2023 20:40

Un voluntario da Cruz Vermella de Cádiz está adestrando o seu can como socorrista. Agora é un cachorro e estao ensinando a acompañar persoas con mobilidade reducida nunha praia de Chiclana, pero o ano que vén contan con que poida colaborar co equipo de socorristas.

Chámase Chui e o seu dono, voluntario da Cruz Vermella, prepárao para convertelo en socorrista acuático. Agora leva un mes escaso de adestramento e está afacéndose ás cadeiras de rodas e ao material de salvamento que hai nesta praia de Chiclana. 


"Obviamente agora hai que facerlle algo de chantaxe como en  calquera adestramento. Hai que aproveitar que Chui é moi lambón para que asocie a toda a xente que está en cadeira de rodas, con muletas ou con calquera material de apoio, a unha experiencia positiva e que logo non teña problema de acompañalos á auga ou quedar con eles".

Este golden retrevier de tres meses aínda é demasiado pequeno. Fáltalle capacidade física. Por iso, o adestramento deste futuro socorrista canino ten que ir pouco a pouco ata que chegue o momento das prácticas de rescate.

"O seguinte paso é entrar na auga e que empece a nadar. Xa o fixo na piscina e esta semana empezaremos no mar para que se afaga porque queremos adestralo para salvamento acuático. Esa será a parte secundaria, a fundamental vai ser asistencia a usuarios con necesidades especiais".

Haberá que esperar ao ano que vén para velo nun simulacro ou colaborando no labor diario dos socorristas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade