Un xuíz desaloxa un home de 40 anos da casa dos seus pais
Un xuíz desaloxa un home de 40 anos da casa dos seus pais
Tiña traballo fixo e estable pero non quería contribuír cos gastos da casa e era agresivo cos pais
Un xulgado de Zaragoza desaloxou un home de 40 anos da casa dos seus pais.
O fillo tiña un carácter agresivo e negábase a achegar unha contraprestación económica cando seus pais xubilados lle pediron axuda.
O tribunal estima a totalidade das alegacións expostas polos pais na súa demanda civil contra o seu fillo, ao que instaron en reiteradas ocasións a abandonar de forma voluntaria a vivenda sen conseguilo.
O matrimonio de xubilados alegou que a convivencia era "insostible" debido ao seu carácter agresivo e ás ameazas que vertía contra eles.
Tamén argumentaron ante o xuíz que aos seus 40 anos, o seu fillo tiña traballo fixo e estable e que era capaz de valerse en por si para adquirir unha vivenda propia, sen necesidade de ocupar a dos seus pais.
Na súa resolución, o maxistrado aprecia as razóns do matrimonio e descarta o argumento esgrimido polo demandado ao entender que a relación familiar cos seus pais non lle outorga título de dereito para o uso da vivenda, polo que o condena a "deixar libre, baleira e expedita" a vivenda.
A parella de xubilados presentou previamente, en maio do ano pasado, unha denuncia contra o fillo por malos tratos.