Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xulgado de Lugo paraliza a demolición das torres do Garañón

Un xulgado de Lugo paraliza a demolición das torres do Garañón

Torres do Garañón, en Lugo Torres do Garañón, en Lugo
G24.gal 25/04/2023 16:53

Un xulgado de Lugo paralizou, poucas horas despois de que comezasen, os primeiros traballos de demolición das polémicas torres do Garañón, como consecuencia dun recurso presentado polo promotor da urbanización.

Os traballos para botar abaixo o esqueleto das dúas torres, sobre as que pesa orde de derriba por sentenza xudicial firme, comezaron pola roza da parcela para facilitar o acceso dos operarios e a maquinaria necesarios.

Con todo, o xulgado paralizou, de momento, eses primeiros traballos. En todo caso, fontes municipais confían en que o asunto quede liquidado en cuestión de días, cunha resolución xudicial na mesma liña da que rexeitou as medidas cautelares solicitadas polo Banco Santander, que pedía suspender a demolición das torres, como principal acredor do construtor.

Pola súa banda, o Partido Popular afirma que este é “un capítulo máis dunha chapuza e un engano sen precedentes aos lucenses”. O seu viceportavoz, Antonio Ameijide, manifestou:

“Unha vez máis asistimos ao ridículo máis absoluto por parte do Goberno de Lara Méndez, que hai uns días montaba un teatriño para gañar un titular e tentar enganar os lucenses unha vez máis”.

Ademais, lembrou que “tirar O Garañón non é ningún éxito, porque a licenza dada por José Ramón Gómez Besteiro e os seus compañeiros de corporación do PSOE estanos a custar, ademais de moitos desgustos, moito diñeiro a todos os veciños e veciñas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade