Publicador de contidos
Publicador de contidos

Impulsan en Cambados unha fronte común en defensa das depuradoras no litoral

Impulsan en Cambados unha fronte común en defensa das depuradoras no litoral

Desde o sector denuncian que o documento de Costas pon en risco arredor de 4.000 instalacións do litoral galego 

G24.gal 03/05/2022 14:24

Unha das empresas afectadas comezou a súa actividade no porto cambadés no 1955. O último informe da Dirección Xeral de Costas recomenda non renovar a concesión, que no caso desta depuradora de marisco remata a finais deste ano. 

Non é o único caso, outras dúas depuradoras de Tragove están incluídas no documento de Costas que ameaza a súa continuidade. O sector advirte de que a situación é grave porque afecta a todas as instalacións do litoral galego. 

As confrarías temen un efecto dominó, xa que as comercializadoras de marisco son imprescindibles para poder continuar coa súa actividade. 

Desde a Consellería do Mar acusan ao Ministerio dun ataque á cadea mar industria que non pode desenvolver a actividade lonxe do mar.

Unidos o sector, os grupos políticos de Cambados e os sindicatos anuncian mobilizacións para os próximos días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade