Unha adega da Ribeira Sacra protagoniza un documental norteamericano
Unha adega da Ribeira Sacra protagoniza un documental norteamericano
No mesmo capítulo participan unha olería e unha fábrica de queixos
Trátase da Adega Régoa, de Amandi en Sober
Unha empresa estadounidense de creación de contidos está gravando un documental na Adega Régoa, na Ribeira Sacra para a súa emisión nas plataformas dixitais. Axudará así a que se coñezan os viños desta zona no país norteamericano.
Pertence a José María Prieto, un médico que hai trinta anos apostou por poñer en valor as súas viñas. Son dez hectáreas que producen uva mencía nun 80 %.
Leva dezaseis anos producindo viño e agora, unha empresa de contidos neoiorquina escolleuna para formar parte dunha serie dixital.
A singularidade da paisaxe e do viño desta adega conforman un contido atractivo para o público norteamericano.
O dono da Adega Régoa de Amandi en Sober explícanos que, ademais do seu negocio, no capítulo da serie dedicado a Galicia, haberá outras dúas empresas galegas, unha olería e unha fábrica de queixos.
Outros capítulos desta serie estarán dedicados a adegas senlleiras da Rioxa, Andalucía, Euskadi e Castela e León.