Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha aldea de Sober deu controlado a poboación felina

Unha aldea de Sober deu controlado a poboación felina

Castrar, esterilizar e retornar o gato á súa colonia é o único método efectivo
 

G24.gal 03/09/2023 18:47 Última actualización 03/09/2023 19:55

Castrar, esterilizar e retornar ou devolver os gatos ás súas colonias de orixe foi o único método que lles serviu nesta aldea de Rosende para controlar a poboación de gatos que andaban ceibos polo lugar. Empezaron sendo un par deles que non eran de ninguén, pero o problema xurdiu moi axiña.

Ana contactou con Miau Lemos, unha asociación que se dedica ao coidado e a castración dos gatos das colonias que hai en Monforte, Sober e O Saviñao.

Nesta aldea castraron unha trintena de gatos. Os esterilizados recoñécense porque as femias teñen a puntiña da orella dereita cortada e os machos a da esquerda.

Dende que se creou hai dous anos, Miau Lemos leva castrados máis de 700 gatos. Os recursos obtéñenos de achegas de particulares, maioritariamente. O Concello de Sober e Agroma tamén se implicaron, o mesmo ca as clínicas veterinarias, que rebaixan notablemente o prezo das operacións.

Agora faltan por esterilizar estas crías, que se castrarán nuns tres mesiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade