Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría na estación de Atocha provocou importantes atrasos e suspensións no servizo dos trens de proximidade

Unha avaría na estación de Atocha provocou importantes atrasos e suspensións no servizo dos trens de proximidade

A causa foi a rotura dun cable que deixou sen sinalización todas as liñas procedentes do sur de Madrid

Centos de persoas víronse afectadas polas demoras

G24.gal 08/03/2024 13:51

Á primeira hora e a través da súa web, Renfe pedía aos usuarios usar outros medios de transportes a causa da rotura dun cable que se produciu ás dúas da madruga na infraestrutura onde se están a realizar as obras da alta velocidade na entrada sur de Atocha.  

A avaría provocou cortes na circulación, a suspensión dalgúns trens e noutros casos a reprogramación dos servizos. 

Os usuarios están afeitos ás demoras, din que se producen acotío na rede de proximidade. Desde o Ministerio de Transportes informaron de que os traballos de reparación son laboriosos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade