Unha avaría provoca en Ourense numerosos atrasos en varios trens
Unha avaría provoca en Ourense numerosos atrasos en varios trens
A peor situación viviuse á primera hora da mañá: na estación de Ourense acumulábanse os viaxeiros que ían cara á Coruña, Santiago e Madrid, e ningún dos trens puido saír a tempo
Segundo o ADIF, o problema foi unha avaría que se rexistrou de madrugada na liña A Coruña-Madrid
En Ourense, numerosos trens sufriron atrasos esta mañá. A situación está xa totalmente normalizada na estación de tren de Ourense. Arestora están saíndo e entrando todos os trens con normalidade.
A peor situación viviuse á primeira hora da mañá: na estación de Ourense acumulábanse os viaxeiros que ían cara á Coruña, Santiago e Madrid, e ningún dos trens puido saír a tempo.
A estación chea de persoas que ían traballar e estudar e se atoparon con que non ían chegar a tempo, co conseguinte enfado dos usuarios porque houbo atrasos de máis de dúas horas.
Segundo o ADIF, o problema foi unha avaría que se rexistrou de madrugada na liña A Coruña-Madrid nos encravamentos ferroviarios, afectando a sinalización e aos desvíos polo que non podían circular os trens. A avaría quedaba solucionada contra as oito da mañá. Renfe puxo autobuses dende Santiago e Vigo cara a Ourense para os viaxeiros, pero xa se circula con normalidade polas vías.