Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría provoca retrasos nas liñas AVE que saen de Madrid

Unha avaría provoca retrasos nas liñas AVE que saen de Madrid

Cincuenta traxectos e 20.000 pasaxeiros víronse afectados

En Galicia demoráronse un tren a Ourense e catro a Vigo

G24.gal 06/06/2024 20:58 Última actualización 06/06/2024 21:13

A peor parte levárona os viaxeiros dun tren procedente de Alacant, que permaneceron dúas horas e media dentro dos vagóns no interior dun túnel. Moitos deles abandonaron o tren e foron a pé pola vía ata a estación. 

"Perdín o tren de Madrid a Ourense e de Ourense a Sarria".

Os trens que viñan cara a Galicia tamén se viron afectados. Un con destino en Ourense e outros catro que ían cara a Vigo. Mesmo os desprazamentos cara á Coruña sufriron alteracións por causa da avaría na catenaria. 

"Veño de Zamora cunha hora de atraso. Cansísima".

"E ademais nin nos informaron nin nos atenderon. Estabamos amoreados".

A avaría amañouse ás dúas da tarde pero aínda se está a reorganizar os traxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade