Cargando resultados...
Unha comunidade de veciños de Vigo consegue o cesamento de actividade dunha antena próxima
Unha comunidade de veciños de Vigo consegue o cesamento de actividade dunha antena próxima
A estrutura non se axustaba á licenza municipal
G24.gal
16/05/2024 12:51
Última actualización 16/05/2024 13:13
A antena da polémica está situada no número 24 da avenida da Florida, e a comunidade denunciante está situada do outro lado da calzada no número 51. Algúns veciños deste inmoble, entre eles a presidenta da comunidade consideran que a antena lles está a xerar prexuízos para a súa saúde.
Inicialmente a avogada dos denunciantes reclamou ao Concello, quen lles deu a razón, xa que a estrutura non se axusta á licenza dada.
A comunidade da antena recorreu entón aos tribunais, pero a xuíza non lles deu a razón, xa que considerou que a actividade da antena é potencialmente perigosa e os concellos poden regulalas.