Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha condutora queda ferida ao saír da vía e envorcar no patio dunha vivenda en Ourense

Unha condutora queda ferida ao saír da vía e envorcar no patio dunha vivenda en Ourense

A muller era a única ocupante do vehículo e foi evacuada ao Complexo Hospitalario de Ourense

G24.gal 09/09/2024 10:40 Última actualización 09/09/2024 15:08

Unha condutora quedou ferida este luns tras saír da vía o turismo que conducía, que quedou envorcado no patio dunha vivenda, en Ourense.

Segundo informaron fontes da Garda Civil, o sinistro tivo lugar sobre as 8:45 horas, cando perdeu o control do coche no lugar de Outeiro, preto da estrada OU-150, e saíu da estrada. O vehículo envorcou e quedou nun espazo entre dúas construcións.

"Foi un golpe forte, seco, ata os cans empezaron todos a ladrar. De alí a un pouco xa vin chegar a policía". "Moito ruído. A miña filla pensou que lle caíran os mobles da cociña. Chimpou aquel sinal e entrou por aí ata quedar espetado", comentan dous veciños.

A condutora, de 37 anos, e única ocupante do coche foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Fontes da Comandancia confirmaron que deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Segundo lles confirmou aos axentes a propia condutora, baixaba a costa co motor apagado.

"Circulaba co vehículo en punto morto e, ao tratar de coller unha curva á esquerda, perdeu o control do vehículo, saíuse da estrada, voou por riba dun tellado ata que, finalmente acabou contra a caixa de escaleiras deste edificio", explica Juan Carlos Nogueiras Iglesias, Xefe do Destacamento de Tráfico de Ourense.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade