Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha cooperativa do Irixo busca gandeiros que se instalen na zona

Unha cooperativa do Irixo busca gandeiros que se instalen na zona

Garanten a compra de todo o leite ecolóxico que se produza

Traballan en fórmulas para reducir o minifundismo

G24.gal 17/03/2023 20:28 Última actualización 17/03/2023 20:36

Na parroquia de Loureiro hai terra dispoñible, auga abondosa e unha cooperativa que comercializa leite ecolóxico e produtos derivados.

O problema é que case non hai gandeiros e teñen que traer o leite doutras comarcas.

Por iso animan a xente nova a virse asentar aquí, onde, aseguran, terán facilidades para montar explotacións rendibles. 

Outra dificultade é o minifundismo que impide dimensionar as explotacións.

Por exemplo, en só dous quilómetros cadrados hai máis de 1.000 parcelas. Por iso estudan fórmulas de concentración como as permutas, as avinzas ou os polígonos.

O kefir, o iogur, o requeixo son algúns dos produtos que elaboran e entre os que chama a atención o leite embolsado que xa case non se atopa nos mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade