Unha cova de Larouco tranformada en restaurante ten unha das mellores vistas de España, segundo a guía Repsol

O proxecto botou a andar hai máis de dous anos e tamén conta cun Solete da prestixiosa publicación gastronómica

Terraza do restaurante Cova da Xabreira, no concello ourensán de Larouco
G24.gal 01/11/2023 20:46 Última actualización 01/11/2023 21:17

Din que a aldea de Seadur era a porta de entrada a Valdeorras. Dende a terraza do restaurante Cova da Xabreira pode verse boa parte da comarca. As vistas foron recoñecidas entre as seis mellores de toda España polos expertos da Guía Repsol.

Pero a paisaxe que rodea este local de hostalería queda sobrepasada pola singularidade do seu interior. É unha cova escavada na pedra, granito e lousa, pensada para conservar o viño. Como ela hai outras 70 só en Seadur, aínda que esta é unha das máis grandes. A idea de convertela en restaurante xurdiu en plena pandemia, hai máis de dous anos, co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor a singularidade do viño que elaboran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade