Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha de cada catro persoas con discapacidade e en idade laboral ten emprego

Unha de cada catro persoas con discapacidade e en idade laboral ten emprego

Explicarlles aos empresarios os beneficios fiscais de contratar persoas con diversidade funcional é o obxectivo dunhas xornadas que se están a celebrar en Vilagarcía

G24.gal 04/07/2023 14:20

Inserta, da Fundación ONCE, está a celebrar en todo o Estado xornadas como a que se desenvolve hoxe en Vilagarcía, e con resultados: en 2022 lograron a inclusión laboral de 12.000 persoas con discapacidade, 835 delas en Galicia.

Neste encontro explican os beneficios fiscais e económicos que teñen as empresas por contratar persoas con discapacidade, pero tamén o valor engadido que o seu talento e a diversidade achegan á empresa. Cunha reflexión de fondo: os países máis igualitarios son tamén os que teñen máis produtividade.

"Hai moitos incentivos vinculados a ese afán de non renderse, de superación que teñen as persoas con algún tipo de discapacidade, e tamén a facer sociedades máis xustas e máis competitivas", explica Mar Medeiros Directora de área de empresas, alianzas e mercadotecnia social de Inserta Fundación ONCE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade