Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha emprendedora mantén activo o muíño artesán de Cospeito

Unha emprendedora mantén activo o muíño artesán de Cospeito

O enxeño funciona exclusivamente coas augas do río Anllo

A rapaza decidiu dar o paso ante a xubilación das anteriores muiñeiras

G24.gal 27/03/2024 19:48 Última actualización 27/03/2024 20:10

Malia non ter ningunha relación cos cereais, Marina non dubidou en poñerse á fronte do muíño do Frouseiro en canto soubo que as anteriores muiñeiras se xubilaban. En poucas semanas aprendeu delas a esencia do oficio pero aínda está descubrindo os segredos de combinar a forza da auga coa complexa maquinaria do aparello.

A Terra Chá é unha comarca de moito cereal polo que non falta traballo. Moitos veciños levan o seu gran para que llelo moa Marina e outros mercan directamente a fariña que elabora esta emprendedora. O seu traballo depende da auga do río e ten que parar se hai pouca ou se sobe en exceso. Polo de agora, non tivo problemas e pode producir uns 50 quilos por hora.

O muíño, de máis de douscentos anos, funciona coas augas do río Anllo e cunha maquinaria moi antiga para a que non sempre hai reposto. Un proceso artesanal en que tamén os cereais son escollidos coidadosamente.

Grazas a Marina, o río non só regará os campos de cereal senón que permitirá seguilo convertendo en fariña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade