Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa galega comercializa os primeiros robots 100 % autónomos para limpar placas solares

Unha empresa galega comercializa os primeiros robots 100 % autónomos para limpar placas solares

Pode limpar máis de 200 paneis por hora e aforra auga

G24.gal 04/07/2024 14:56

Unha empresa galega acaba de presentar en Europa os primeiros robots que limpan placas solares de xeito cen por cento autónomos.

O Smartbot SP nace nunha empresa especializada en robots para limpar cristais, que decidiu adaptar a tecnoloxía aos paneis fotovoltaicos.

  "A tecnoloxía que usamos para limpezas de paneis, motores de succión, cepillos e demais é a mesma que utlizamos na limpeza de cristais. Ao poder facelo en vertical podemos facelo para un panel fotovoltaico que soe estar inclinado", explica José Manuel Ruíz, cofundador e CEO de Smarttek.

Pode limpar máis de 200 paneis por hora e aforra auga. Mesmo limpa en seco, aproveitando a chuvia. E dá maior seguridade laboral. 

"Evitamos que os operatrios fagan esforzos con equipos manuais de limpeza... e evitamos que se pisen os paneis porque inevitablemente cando se pisan no proceso de limpeza poden romper", engade José Manuel.

A firma galega acaba de presentalos nunha feira especializada, a intersolar en Munich. Pero estes robots xa pasean desde hai meses por instalacións galegas e do resto de España.

As empresas que os usan avalían "o aforro económico redúcese á metade e onde antes faciamos unha instalación agora, no mesmo tempo, chegamos a facer tres", contanos Marcos Pérez, técnico instalador de Ecogal.

Smarttek buscan entrar no mercado turco e consolidarse en Europa, onde a firma está recoñecida polos seus robots limpacristais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos