Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha escala dobre inaugura a temporada de cruceiros en Vigo

Unha escala dobre inaugura a temporada de cruceiros en Vigo

A bordo do Ventura e do Sky Princess viaxan 6.500 pasaxeiros

G24.gal 07/04/2022 14:07

O porto de Vigo inaugura a temporada de cruceiros cunha escala dobre que hoxe desembarcou máis de 6.500 pasaxeiros na cidade.

Ás portas da Semana Santa, regresa á cidade unha das súas estampas habituais nesta época do ano: a deste perfil portuario cos transatlánticos. As trece escalas previstas para este mes de abril constitúen a cifra máis elevada de tráfico de cruceiros desde setembro de 2019.

A presenza de turistas en sandalias no mes de abril delata a chegada de cruceiros ao porto de Vigo. A temporada comeza cunha escala dobre e máis de 6.500 pasaxeiros, na súa maioría británicos. 

Na Estación Marítima salientan as figuras dos impoñentes Sky Princess, que, procedente da illa de Madeira, recala por primeira vez na cidade antes de regresar ao Reino Unido, e do Ventura, un vello coñecido do peirao da Laxe, recén saído de Southampton. Igualmente, atopamos viaxeiros que xa fixeran escala en Vigo con cruceiros anteriores. Outros botan a andar dispostos a descubriren a cidade. 

O tráfico de cruceiros foi suspendido en marzo de 2020 e, se ben os datos de escalas, que en Vigo este mes serán 13 e superiores en maio e setembro, xa son os normais, os niveis de ocupación dos barcos aínda non están ao completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade