Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha estética vintage que está a ser tendencia: as luces de neon

Unha estética vintage que está a ser tendencia: as luces de neon

O neon LED é máis económico e respectuoso co medio ambiente

G24.gal 09/02/2024 21:38 Última actualización 09/02/2024 21:57

Rememoran unha estética doutro tempo. A dos anos 80 e 90 do século pasado, pero en pouco máis se parecen. As luces de neon LED son tendencia.

Sábeno ben nesta empresa de Carballo.

"Levamos tres anos que se venden moito. No primeiro ano fixemos uns 100, no segundo 400 e o seguinte 500. A progresión é realmente elevada", indica Juan José Rodríguez, xerente de Norteon.

Cando Alejandro decidiu abrir o seu negocio non o dubidou. O ambiente que quería lograr pasaba por crear o efecto das luces de neon.

"É un estilo que encaixa co local e a imaxe que eu quería mostrar. Un estilo principalmente americano".

O neon LED é máis económico e respectuoso co medio ambiente.

Consome un 70 % menos de enerxía que o neon de vidro. En comercio e hostalería funciona como reclamo. Mais o seu uso esténdese máis aló pola súa versatilidade.

"Incluso ás veces para casas para decoración do cuarto dun neno coa súa palabra, o seu nome ou o seu superheroe favorito. Calquera cousas desas pódese facer", apunta o xerente de Norteon.

Ambientes actuais con toques vintage que se están a impoñer no mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade