Unha explotación gandeira no medio da aldea xera un conflito veciñal en Brión
Unha explotación gandeira no medio da aldea xera un conflito veciñal en Brión
O veciño máis prexudicado conta con resolución favorable do Concello desde hai anos, pero o propietario non a cumpre
Son máis de vinte vacas e becerros nunha parcela entre casas
A explotación está valada con forxado que ten pegado o fío dun pastor eléctrico
Prexuizos ocasionados por unha explotación de gando no núcleo de Cirro ten alterada a convivencia no lugar de Cirro, no concello de Brión. O terreo está valado con forxado e pegado a el o fío dun pastor eléctrico.
A principal prexudicada é a familia da parcela lindeira. Outro tamén relata fóra de cámara ser vítima de chafalladas ocasionadas polo veciño en cuestión. E outros, di, optan por calar e aguantar.
Alejandro Freire Rodríguez, ten casa lindando coa explotaicón: "Levamos así desde 2016. Aquí hai unha explotación ilegal. De feito teño dúas resolucións, do 18 e do 19, seladas polo Concello de que as vacas non poden estar aquí. As vacas seguen. A Garda Civil veu moitas veces para que o pastor se desprace cara a dentro, porque teño un menor de dous anos e medio e non quero que lle pase nada o meu fillo".
Salienta Freire que non entende por que o Goberno Municipal de Brión non vixía o cumprimento das súas propias resolucións. Tamén conta que o denunciado lle ocasionou danos nos seus bens, falcatrúas pola noite e que mesmo molestan en espazos públicos. Preguntámoslle como se leva iso: "Con moito medo", di e engade: "Non por min, senón pola muller e o fillo que, ás veces, van paseando e pasa pola pista en que cabe o coche xusto como se fose unha autoestrada.
Eles non falan. Ou se poñen a berrar ou lle dis algo polas boas, fan que non oen e cando te das conta tes a Garda Civil na porta dicindo que lles fixeches ou que non fixeches".
O denunciante tamén chama a atención sobre o estado en que están os animais e como o xurro verte ao regato.
Intentamos que o outro veciño, Serxio, respondera sobre o motivo das queixas contra el, pero rexeitou facelo. Limitouse a dicirnos que ten aquí a gandería provisionalmente.