Unha familia de Foz vive cun foxo de catro metros ao pé da casa
Unha familia de Foz vive cun foxo de catro metros ao pé da casa
A única protección é unha cerca de madeira en mal estado
Uns veciños da zona vella de Foz levan uns 30 anos convivindo cun foxo ao pé mesmo da casa. Cuns catro metros de fondo e cuberto de maleza, só unha cerca de madeira en mal estado os salva de caer nunha trampa que pode resultar mortal.
Álvaro Basanta, veciño afectado: "Isto supón un gran perigo. A miña señora é diabética e pódelle dar calquera cousa aquí, caer na foxa e non haber quen a pare. As táboas están todas podres. E se cae, que lle fan? Pagarlle o enterro?".
Antonia Borrajo, veciña afectada: "Por menos de nada, caes e aí quedas. Á parte, teño sete netos e non queren nin traelos porque hai que estar sempre pendentes deles ou dos seus amigos".
Os afectados xa presentaron unha morea de escritos denunciando este perigo. Malia todo, polo momento, o problema segue sen resolverse.
Álvaro Basanta, veciño afectado: "Avisamos uns e outros e ninguén se preocupou de arranxar isto en todos estes anos. Haino que arranxar, como sexa".
Antonia Borrajo, veciña afectada: "Pasa e xente e métese aquí, pero xa non se ven as escaleiras nin o resto. Só unha fraga de onde sae bichería de todo tipo. Entón o que queremos é que reenchan iso".
Pola súa parte, dende o Concello ofrecéronse a mediar entre os veciños para buscar unha solución.