Unha familia de Rábade di que é vítima dun engano dos seus caseiros
Unha familia de Rábade di que é vítima dun engano dos seus caseiros
Alugaron unha vivenda con opción a compra en 2018
Din que está mal estado e non reúne condicións
Unha familia de Rábade asegura que se sente enganada polos seus caseiros. Alugaron unha vivenda con opción a compra en 2018. Din que queren desistir da operación porque consideran que a casa está en mal estado e reclaman os cartos que entregaron como sinal.
Na vivenda viven, dende vai facer tres anos, Daniela e seu marido, cos seus fillos pequenos. Conta que o contrato de alugueiro con opción a compra o asinou o seu sogro e di que os donos o enganaron. Cre que a casa non reúne condicións: ten fendas nas paredes e asegura que entran os roedores.
"Estou pagando cada mes relixiosamente, fomos falar con eles, teño gravacións, que van amañar a terraza porque cando empece a chover non hai maneira de parar a auga. Non podemos gozar nin da terraza nin de nada. Enganaron o meu sogro totalmente. Eu estou amargada nesta casa e non queren facer nada", explica Daniela.
Di que xa non quere quedar coa casa e reclama a devolución dos cartos que adiantaron como sinal.
"Pido unha solución, que me devolvan a fianza. Eu estou cumprindo, pero eles non cumpriron con nosoutros. Queren quedar cos 13.000 euros da entrada. Paguei os 13.000 euros mais dúas mensualidades de fianza. 400 euros ao mes. O que levo gastado aquí son 33.000 euros".
Séntese discriminada por ser estranxeira e di que leva un ano intentando que os donos recollan un burofax da súa avogada.