Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Vilar de Santos vendeu 50.000 chourizos a través de Internet

Unha familia de Vilar de Santos vendeu 50.000 chourizos a través de Internet

Utilizan porcos cebados polos veciños e receitas tradicionais da Limia

Teñen clientes por toda a penísula, Francia e Alemaña

G24.gal 24/04/2024 19:56 Última actualización 24/04/2024 20:06

Poñer en valor os produtos propios do medio rural, pero dirixidos a un público urbano. Con esa idea naceu esta pequena empresa de embutidos no concello ourensán de Vilar de Santos. A fórmula é sinxela: veciños da zona crían os porcos nas casas e Aldo e a súa familia dedícanse a levalos ao matadoiro e elaborar os embutidos. A maioría das vendas fanas a través de Internet e envían chourizos por toda a península e mesmo fóra de España.

Ao ser unha produción artesanal e limitada teñen sempre máis demanda que oferta. Aínda así, venden anualmente unhas 50.000 pezas entre chourizos, salchichóns, chourelas e pancetas. Tamén cren que a calidade que teñen os produtos galegos non está suficientemente valorada no seu prezo e traballan para reverter esa situación.

Aldo asegura que o único segredo do éxito dos seus embutidos é unha materia prima de primeira e unha elaboración do máis coidada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade