Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha garda civil de paisano frea un episodio de malos tratos en Lugo

Unha garda civil de paisano frea un episodio de malos tratos en Lugo

O presunto agresor foi detido por un delito de violencia machista

Félix Aragunde 07/03/2022 12:55

Unha garda civil que se encontraba fóra de servizo freou un episodio de malos tratos vivido de madrugada na luguesa praza do Campo, en pleno centro do recinto histórico da cidade.

Ao ver que había un home duns 40 anos que lle berraba e lle daba labazadas á súa parella mentres a agarraba polo pescozo, identificouse como axente e ordenoulle que parase. Pero daquela o presunto agresor tamén lle levantou a man para atacala.

Foi nese momento cando a muller reduciu o suposto atacante. Fíxoo coa axuda doutros catro gardas civís de paisano que a acompañaban.

Ata o lugar dos feitos acudiron entón varias patrullas da Policía Local de Lugo, que se sumaron á intervención. Finalmente, os axentes detiveron o suposto agresor por un delito de violencia machista. 

A garda que interveu para frear o ataque, que estaba a celebrar a despedida dun compañeiro, pertence ao subsector de Tráfico de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade