Unha horta familiar de Pontevedra dá un tomate de case dous quilos
Unha horta familiar de Pontevedra dá un tomate de case dous quilos
A dona conta que ao principio temía que a humidade acabase estragando a planta
Dunha pequena horta de Vilares, lugar da parroquia pontevedresa de Bora, saíu un gran tomate: 1.780 gramos. A planta que produciu semellante froito e de Fina, que é quen lle deu todos os coidados, desde comprar a planta ata o agarimo cotián que culminou nesta colleita hai uns días. Polo que conta, foi o final feliz dunha historia da natureza que empezou con futuro incerto.
"E saíu máis grande que ningún outro. Antes boteille o esterco das galiñas e dos polos, ningunha outra cousa. Quero comer san".
Preguntamos que comen as súas galiñas e dinos que o millo de colleita propia tamén, mesturado con trigo e cebada, verdura, e o que pican no eido.
O marido, Benito, aclara que o mérito de tal froito é da súa esposa. Con outro bo exemplar de tomate na man fálanos da súa función na horta e das miradas que atrae este corazón de boi.
O tomate está exposto na tenda de Bernardino en Bora. Polo que di Fina, no terá sementes que se poidan aproveitar para a próxima plantación. "Que o coma quen queira", conclúe.