Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha intoxicación por monóxido de carbono, causa probable das 4 mortes de Toledo

Unha intoxicación por monóxido de carbono, causa probable das 4 mortes de Toledo

Os corpos non tiñan signos externos de violencia e tampouco os había no piso que compartían

Respiradoiros, ventilación e estufas apagadas para durmir; así se evitan intoxicacións con monóxido de carbono

G24.gal 20/03/2024 13:11 Última actualización 20/03/2024 14:40

As catro persoas falecidas en Toledo non tiñan signos de violencia e sobre a causa da morte a principal hipótese é unha intoxicación por monóxido de carbono. Son tres homes e unha muller que apareceron en distintos cuartos dunha vivenda da zona antiga da capital castelá-manchega.

Os cadáveres non presentaban signos externos de violencia e tampouco os había no piso que compartían. Estaban repartidos polos tres cuartos da vivenda e polo menos un deles presentaba un avanzado estado de descomposición.

“Todo apunta a que a causa da morte puido ser produto dunha intoxicación por monóxido de carbono, presumiblemente sempre, pola mala combustión dunha estufa de butano que había no dormitorio”, aseguraba Milagros Tolón, delegada do Goberno en Castela-A Mancha.

A muller e os tres homes falecidos están aínda sen identificar e a policía trata de facelo a través dos datos facilitados polo propietario do inmoble.

“Posiblemente sexa un piso alugado, subarrendado a varias persoas, que cada unha tiña a súa habitación. Pero en principio non é un piso pateira", explica Javier Pérez Castillo, xefe superior de Policía Nacional en Toledo.

Segundo os veciños, o último día que os falecidos foron vistos con vida foi o pasado venres.
Os catro cadáveres foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Toledo, onde se farán as autopsias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade